...notas que me pasan polo maxín...

Busco

1. Un portal, agregador público de sementes RSS, que sexa capaz de aproveitar as peticións dos distintos usuarios para minimizar a carga de traballo e incluso coa intelixencia suficiente de xuntar as anotacións que falen do mesmo agrupándoas todas na nova que sexa fonte orixinal.

2. Un servizo web que permita ir marcando as aplicacións que tes instaladas no teu sistema e que te notifique cando haxa novas actualizacións. 

3. Un cliente de correo electrónico que evite ter que revisar o cartafol de Correo Lixo.

4. Unha API estandar que intercomunique e sexa fonte de unión entre os distintos servizos web, para que podan falar entre eles.

5. Unha interface de comunicación que se esqueza dos teclados, dos punteiros, das pantaias táctiles,… e que permita recibir e ofrecer ordes simplemente pola voz.

6. Un sistema eficiente, limpo e potente de batería para dispositivos electrónicos.

7. …sentidiño común… a mans cheas!