Codigo Cero: Importante operación contra a piratería televisiva en España
A Policía Nacional detivo a 50 persoas nunha
operación contra a piratería audiovisual de sinal de televisión e venda de
descodificadores manipulados (estimándose
a comercialización duns 1.000 receptores por parte dos implicados) que se
efectuou en 15 provincias españolas (entre as que se atopa A Coruña).
Dos arrestados, 10 eran administradores de páxinas web, 22 distribuían
descodificadores pirateados, 16 son responsables de redes locais de cable e
televisións terrestres e 2 son responsables de comunidades de veciños que
distribuían o sinal de xeito ilícito.
Con
esta operación pecháronse 14 páxinas web nas que se distribuían programas e
chaves activas que permitían piratear o sinal de televisión dixital que se nutrían
de ingresos publicitarios.
A Operación
Jardín actuaría así sobre unha fraude que ocasiona perdas millonarias ás
televisións de pago por satélite, segundo contan dende Europa Press:
(via enBlogamia » blogMillo (240 sen ler))