...notas que me pasan polo maxín...

Codigo Cero: Google merca Panoramio

Panoramio é unha das mashups máis populares da Web 2.0 ó integrar o servizo de mapas de Google cun sistema de hospedaxe web de fotografías, ou sexa, que permite a xeolocalización de imaxes, resultando moi atractivo para os internautas que tanto poden coñecer onde se tomou unha instantánea como poden achegar imaxes dunha zona que quere visitar (sen terse que fiar de guías turísticas que amosan unha visión distorsionada da realidade). De feito, Google xa integrou Panoramio dentro de Google Earth (a aplicación de escritorio para explorar os mapas de Google).
Así pois, non sorprende que Google decidise mercar este servizo web español, de xeito que se estreitan as relacións entre as dúas empresas. (via enBlogamia » blogMillo (240 sen ler))