...notas que me pasan polo maxín...

Capítulo 0: Confianza

O outro día tiven o pracer de tomar un café, terraza soleada, cun home moi sabio e, a pesar diso, moi poderoso. De esguello, no medio dunha conversa máis ampla, soltou esta pérola:

-No traballo, comezo a fiarme dunha persoa -aseguroume- cando lle escoito dicir: “Non sei”. Pero realmente confío nela a partir da primeira vez que me di: “Trabuqueime”.

E non era un ir de guai. Era pura intelixencia.

Compartir

(via enBlogamia » blogMillo (263 sen ler))