Codigo Cero: Culturagalega.org estrea un servizo de portada personalizada
O
portal Culturagalega.org estrea Turbina, que é un servizo de portada
personalizada de xeito que se poden engadir e quitar elementos, así como
incorporar fontes de información externas ó portal.
Turbina serve así coma páxina
de inicio para os usuarios, que tamén serve para canalizar buscas directas en
Google, na Galipedia, en Culturagalega.org, en Technorati e mesmo no Diario
Oficial de Galicia.
Este novo servizo aínda está en fase alpha,
ou sexa, en proceso de creación, pero destaca por contar cun completo taboleiro
cos fluxos RSS do portal que o hospeda e que se pode personalizar para engadir
os nosos medios favoritos. (via enBlogamia » blogMillo (263 sen ler))