Codigo Cero: O LiveScribe Smartpen quere revolucionar o xeito de tomar apuntes
LiveScribe está a preparar o lanzamento comercial do
seu Smartpen,
un revolucionario dispositivo con forma de bolígrafo que permite rexistrar o
que se escribe así como gravar son, de xeito que sería un accesorio ideal para
tomar notas en conferencias ou clases.
O Smartpen compleméntase con papel dotado de tecnoloxía Dot Positioning System,
que crea documentos interactivos mediante a impresión por micropuntos.
O uso práctico desta tecnoloxía de LiveScribe é evidente, pois un estudante
pode así tomar notas en clase e logo consultar se as tomou ben accedendo á gravación sonora da mesma.
Agárdase a comercialización do Smartpen para o outono a un prezo inferior ós
200 dólares.
No D5 de San Francisco púidose ver unha presentación desta tecnoloxía:
(via enBlogamia » blogMillo (267 sen ler))